Anxos Fazans, directora de As liñas descontinuas: “É unha película luminosa e lixeira, pero sen unha estética que fale”

CINES PONTE VELLA

As liñas descontinuas, que pode verse na sala de cine do Ponte Vella. Esta película é “unha canción de amor. Un conto. Un breve encontro”, según Anxos Fazans, a súa directora.

Anxos Fazans.
Anxos Fazans. | La Región

A mariñense Anxos Fazans presenta As liñas descontinuas, “unha canción de amor. Un conto. Un breve encontro”, describe a directora. Solícita e apacible, co ton de voz da profesional satisfeita polo resultado do traballo da última década, ofrece unha entrevista telefónica para falar sobre unha película que pode verse na sala de cine do Ponte Vella.

“É moi naturalista e realista, pero tamén alocada e fantasiosa”, revela “levou moito tempo de escritura”, engade. Fazans considérase unha realizadora que constrúe dende a palabra, “algunha vez me creou conflicto, o feito de ser menos visual, pero fixen as paces con eso”, admite, “son da verba e tamén do traballo en equipo, do diálogo cos actores”, concreta, “son unha directora literaria”, conclúe.

“As líneas descontinuas é un filme sobre a tenrura, sobre a beleza que aparece cando permitimos que as persoas que nos rodean penetren en nós. Nesta película un rapaz trans e unha muller de máis de 50 años crean un espazo no que compartir os seus medos e desexos”, describe Anxos, como carta de presentación do seu último traballo fílmico.

Pregunta. ¿Cómo xorde este proxecto?

Respuesta. Nace fai oito anos, cunha primeira aproximación ó guion pero xa viña de atrás, dunha nova que lin nun xornal sobre un ladrón que se quedara durmido na casa na que fora a roubar... xeroume moita curiosidade, e anos despois rescatei a idea para esta segunda película.

P. Pero en realidade esto que contas e meramente un escenario porque a istoria é moito máis profunda...

R. Sí, a película vai sobre o valor das relacións, de darse espazo para coñecer os demáis, e dese encontro dos dous protagonistas.

P. Falanos un pouco destas personaxes, vemos actores profesionais e perfiles non tan doados de atopar neste ámbito artístico, como o de Adam Prieto, que interpreta o papel do protagonista masculino...

R. Comecei a escribir a istoria con personaxes de ficción, sen saber quén encarnaría posteriormente eses roles. Obviamente recollen cousas das persoas que coñezo, pero fixemos unha convocatoria aberta de casting, na procura de rapaces trans, de menos de trinta anos, galego falantes... e obviamente ía ser difícil atopalos, non obstante se presentaron máis de oitenta persoas... En canto á dicotomía actores profesionales ou non, a min gústame mesturar, coma neste filme, xente con experiencia coa que non... cada proxecto ten as súas necesidades.

P. O trans no cinema ten experimentado unha evolución significativa, transitando dende a invisibilidade á caricatura ou patoloxización, ata representacións máis diversas ou, a propia auto-representación. ¿Cómo describirías a túa aproximación ó universo transxénero?

R. A preocupación e investigación á hora de elaborar todas as personaxes da película existe... sentín ademáis esa pulsión porque no cinema non hai ese tipo de perfiles, e os que hai soen efectivamente estar moi estereotipados, e non se parecen de feito en nada as persoas da miña contorna, polo que tiven esa necesidade de crear ese espazo, verdadeiramente similar á realidade que coñezo. Pero tamén ó meu redor hai mulleres de cincuenta anos do perfil que podemos ver na película... son lugares que considero que é necesario representar agora mesmo, por suposto dende o respeto, e dende a dúbida que sempre existiu no universo creativo, o de contar realidades que non necesariamente son a nosa propia.

P. No teu filme podemos apreciar unha mira sobre os corpos moi tenra, honesta e desprexuizada, pouco dogmática e alonxada dos cánones estéticos do cine... ¿é esta unha mirada xeracional ou forma parte do teu decálogo ideolóxico?

R. Síntome de feito moi representada no que dis, sempre traballei os corpos, noutras películas por exemplo, dende o explícito e o espido, e aquí interesábame o contrario, a cercanía, a naturalidade pero tamén a distancia... hai moita pel pero non necesariamente no plano... é algo latente... algo que a min persoalmente preocúpame... pode haber algo tamén xeracional, ou pode influir que cada vez hai máis mulleres que estamos escribindo e dirixindo e que é posible que ás nosas preocupacións vaian máis cara ahí, cara a diversidade dos corpos, á organicidade á marxe dos cánones...

P. A música neste película está nun segundo plano como banda sonora, pero tamén moi presente no guion, con bandas indies galegas como Triángulo de amor bizarro, na última secuencia...

R. Hai de feito moitas cancións que fumos con ellas xa elexidas xa á rodaxe... polo peso que teñen, pero recoñezo que tampoco forzo... imaxino a enerxía da secuencia e aparecen na montaxe.

P. Non sei se es consciente da marca Galicia que emana o filme, e non só polo feito de estar pensada, escrita e rodada en galego...

R. É unha película moi Vigo, e moi outono... estaba xa na idea orixinal, e iso converteu a rodaxe nunha escravitude climática, a verdade. En canto a imaxe... quería facer unha película luminosa e lixeira, pero sen unha estética que fale, na que a propia composición do plano diga cousas, quería que fose máis unha cuestión emocional...

R. Entre os seus referentes profesionais están a francesa Céline Sciamma, a catalana Carla Simón ou a vasca Jaiona Camborda, pero tamén hai un oco para un difunto avó materno, perito agrícola, funcionario e diletante poeta do que posiblemente herda os talentos ocultos que se atopan nalgúns dos seus versos, como o “mimo e a máxia sen frenos da luz, que se ergue a soñar e a bater os cotenos nas portas do ar”.

Sobre Anxos Fazans

A Estación Violenta (2017) é a súa primeira longametraxe, co que viaxa por varios festivais como o Festival de Cine Europeo de Sevilla, BAFICI, D’A Film Festival, SANFIC o Cinespaña Toulouse. Recibe ademáis unha Mención de Honor no Festival Internacional de Cali.

Tamén as súas últimas curtametraxes estiveron en diversos festivales: Habitar (2023) foi seleccionada no D’A Film Festival, Play-Doc e o Festival Internacional de Cine de Xixón, e Analóxica (2019) competiu en BAFICI y Curtocircuíto.

En 2018 funda xunto a Silvia Fuentes a produtora galega Sétima, dende onde traballa na producción de proxectos de outras directoras. As liñas descontinuas, estrearase no Tallinn Black Nights Film Festival.

Contenido patrocinado

stats