Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Valor sentimental
TRIBUNA
Por Nós, somos nós. Porque Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas e tantos outros «bos e xenerosos», foron quen de imaxinar a Galicia na que hoxe vivimos e consagrar a súa vida á construción da nosa identidade. O compromiso e visión da Xeración Nós fainos merecedores de ser considerados os pais do galeguismo contemporáneo. Os seus principios, a súa aposta pola universalidade da cultura galega e pola dignidade da nosa lingua converten o seu momento nun dos fitos máis extraordinarios da historia de Galicia.
A revista Nós foi un proxecto cultural que mudaría para sempre a nosa historia. Por iso, cando se cumpren cen anos da publicación do seu primeiro número, atopamos unha ocasión excepcional para reafirmar a actualidade das súas ideas. Porque é un legado que segue a ser un marco de pensamento válido para interpretar o mundo de hoxe. E porque é un legado que sentimos a responsabilidade de manter vivo e entregar ás novas xeracións. O Ano Nós, cos proxectos levados a cabo desde a Xunta de Galicia, desde as principais institucións culturais e desde a propia sociedade, permítenos revalidar a vixencia dese galeguismo integrador, aberto e disposto a incorporar canta idea de proveito emerxa no mundo. Esa é a filosofía da esencia de Nós e que explica que o seu pensamento siga a prender na Galicia de hoxe, un século despois.
E é que a revista Nós artellou un espazo desde o que reivindicar a personalidade e a cultura de Galicia, a través do estudo científico e da creación, superando o tópico e o descoñecemento. Foi unha ferramenta para construír as bases da identidade do país; un punto de encontro entre as xentes da cultura humanística e científica; un referente desde o que proxectar unha personalidade propia, ilustrada, universalista e aberta ás correntes de pensamento mundiais.
A súa pegada segue moi presente na Galicia dos nosos días, nos numerosos monumentos, rúas, prazas, centros de ensino, bibliotecas ou premios que levan os nomes dos persoeiros desta xeración. Pero tamén na nosa herdanza cultural, no noso imaxinario colectivo e na nosa esfera pública e simbólica. En definitiva, no que hoxe somos nós, no que hoxe é Galicia.
Compartimos con eles a convicción de manter a nosa cultura erguida e a confianza nas nosas capacidades. Esta é unha seguridade dirixida non a alimentar a fantasía de paraísos illados, senón a ensanchar fronteiras e a dialogar co resto do mundo.
Como os galegos e as galegas da actualidade, tamén os membros da Xeración Nós, as máis de duascentas persoas que escribiron na revista, foron moi diferentes, afastadas e mesmo discrepantes en moitas das súas ideas. Pero foron capaces de identificar o que os unía e construír ese Nós que escribimos en maiúsculas, no que nos recoñecemos e identificamos. Foron quen de abrir unha vía para subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega.
Quizais esa sexa a principal ensinanza desa xeración de galegos e galegas que aquí conmemoramos: a determinación para defender o común, para tomar conciencia e fortalecer todo aquilo que nos constitúe como membros dun pobo cunha cultura e cunha lingua propia, cunha longa historia e cun futuro aínda maior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Valor sentimental
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Paul Auster o la reinvención del amor
MILLONES DE ESPECTADORES
YouTube se queda con los Oscar: en 2029 el streaming de los premios de la Academia será gratuito
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre