Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Valor sentimental
VIGO
Os chicos de Dakidarría cumpriron dez anos en 2013 e tomáronse con calma a súa celebración cunha xira por Europa de cerca de dous anos. Para agrupación, con letras en galego e ata en doce idiomas máis, a experiencia servíu para demostrar que a música non entende de barreiras: "Tiñamos medo de que non nos comprenderán, pero logo foi xenial escoitar a un alemán cantando os coros en galego", recoñecía o vocalista, Gabri.
Xa na casa e cheos de boas sensaciones, presentaron onte no Casco Vello o seu broche de ouro para pechar a primeira década de traxectoria: "Pensamos que o mellor remate para esta etapa é un disco recopilatorio", sinalou Gabri, que aclaraba que "escollemos o vinilo porque o cd xa está obsoleto e un soporte para a música resulta case un souvenir, polo que é unha peza de coleccionista, que mima moito o son e a propia música". Así, dende o 3 de xaneiro xa está a venda "10 anos na rúa", que inclúe algúns dos temas de referencia da agrupación galega.
Tamén cun deseño coidado ata o mínimo detalle inclúe unha creación de Carlos Dabunker aka Undergroove.
En canto a un novo traballo, Gabri asegurou que agardan gravar disco novo antes do verán. Mentres preparan os temas, organizarán unha mini xira por Galicia. Baixo o suxerente nome "De cuncas e de mar", a banda xurdida a beira de Ría, programa cinco concertos na terra, entre eles o do 14 de febreiro en La Fábrica de Chocolate. "A banda sentíase en débeda co público galego por iso organizamos estes bolos", apuntou. Con oito integrantes, nun estilo encaixado entre ska e punk, se sitúan na máxima zapatista "Rebeldía e alegría".n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Valor sentimental
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Paul Auster o la reinvención del amor
MILLONES DE ESPECTADORES
YouTube se queda con los Oscar: en 2029 el streaming de los premios de la Academia será gratuito
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro