NOVELA NEGRA GALEGA
Diego Ameixeiras gaña o premio Blanco Amor con “Pistola negra”
NOVELA NEGRA GALEGA
Diego Ameixeiras (Lausana, 1976) é o gañador da XLV edición do Premio de Novela Blanco-Amor, convocado pola Deputación de Ourense a través da Fundación Eduardo Blanco-Amor, coa súa obra “Pistola negra”. O autor, nado na Suíza e criado en Ourense, é unha das plumas máis recoñecidas do xénero negro en Galicia.
O xurado do certame cualificou a obra gañadora como un “artefacto perfectamente construído ao redor de biografías literarias apócrifas”, seguindo o ronsel estilístico e o legado do chileno Roberto Bolaño.
Trátase dunha proposta metaliteraria que mestura o ton enciclopédico coa narrativa de intriga.
A entrega oficial do galardón, ao que concorrían medio cento de manuscritos este ano, terá lugar na cidade o 5 de decembro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NOVELA NEGRA GALEGA
Diego Ameixeiras gaña o premio Blanco Amor con “Pistola negra”
PRÓSIMO ESTRENO EN CINES
El documental “La mafia dentro” desnuda la “voracidad” de Hacienda
Lo último
JORNADAS DE INVESTIGACIÓN
La ciencia ourensana avanza firme a favor de los pacientes
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Llanera, un examen para el Ourense CF
Rosendo Luis Fernández
El consejo que parece un conejo