10 AÑOS DE TRAYECTORIA
Tanxugueiras publica O cuarto: "La tradición para nosotros es como papá y mamá"
A obra do dramaturgo e poeta inglés William Shakspeare segue sendo a máis adaptada da historia, unha fonte de inspiración por cineastas de todo o mundo. Orson Welles, or irmáns Taviani, Akira Kurosawa, Joel Coen, Franco Zeffirelli ou Kenneth Branagh… son só algún dos directores que se inspiraron en Shakespeare para os seus filmes ou que realizaron atrevidas e brillantes adaptacións.
Con Hamnet a cineasta Chloé Zhao rescata o best seller de Maggie O’Farrel para relatar as fantasmas e o latexo que habitan en Hamlet, unhas das obras de culto de Shakespeare. Faino desde un punto de vista feminino orixinal, o de Agnes (Jessie Buckley), a esposa de dramaturgo inglés, e coa súa loita por superar a traxedia familiar como pano de fondo. Fiel á súa gramática visual, xa exposta en magníficos filmes como The Rider (2017) ou Nomadland (2020), Zhao renuncia ao artificio do drama de época académico. Non estamos diante dun biopic convencional – a pesar de que o tráiler nos anuncia o contrario – se non a un poema visual sobre a ausencia e a dor.
As máis de 400 adaptacións cinematográficas e televisivas sobre Shakespeare demostran que as historias que falan sobre o amor, a ambición ou a traizón non caducan.
O fogar de Stratford-upon-Avon así como os seus bosques, son un personaxe máis do filme. A cámara de Zhao acaricia a natureza, captando en cada momento a fraxilidade da existencia que se esvaece. A cineasta confía nos silencios pero sen abusar deles, apoiase nos seus intérpretes – especialmente nunha extraordinaria Jessie Buckley - pero sen esquecer a forza evocadora das localizacións. Paul Mescal dálle a Shakespeare unha vulnerabilidade moderna, pero é Buckley quen sostén o peso da traxedia. Unha das habilidades de Zhao é crear uns personaxes do século XVI moi próximos. Na forma de relatar as emocións, a cineasta sempre pon a honestidade en primeiro plano. Ao igual axuda a transmitir esta sinceridade un guión moi ben medido – no que colaborou a mesma escritora –, así como o naturalismo de Luzasz Zal, talentoso director de fotografía de filmes como Cold War (2018) ou La zona de interés (2023). Cando nos atopamos diante de películas como Hamnet nos damos conta de como aínda o cinema poden contar historias veraces, emocionantes e reveladoras, sen necesariamente recorrer a virtuosismos estéticos ou a manidos artificios dramáticos. Zhao realiza un filme dolorosamente fermoso a partir dun relato moi duro e faino de forma rigorosa, extremadamente pura.
O milagre cómprese no último acto, na secuencia final na que Hamnet toca o seu cénit. É aquí que a directora converte en carne e espírito o poder salvífico da arte. Nesta escena – a máis emocionante - a parella protagonista, os actores no escenario, o público, e incluso os espectadores do cine, fundímonos unha soa cousa, unidos na dor e na sanación.
As máis de 400 adaptacións cinematográficas e televisivas sobre Shakespeare demostran que as historias que falan sobre o amor, a ambición ou a traizón non caducan. Seguen sendo universais e seguirán sendo atemporais. Hamnet de Chloé Zhao recórdanos dunha forma moi humana e sincera que detrás de cada gran traxedia escrita con tinta, hai un drama real escrito con bágoas.
Esta semana comeza o International Film Festival de Rotterdam, unha das citas máis relevantes do cinema experimental a nivel mundial. A creación galega estará presente cunha dobre estrea: ‘Krakatoa’, dirixida por Carlos Casas e coproducida por Filmika Galaika e ‘Despois das cidades’ de Xacio Baño producida por Rebordelos, son as películas galegas que poderán verse no célebre festival dos Países Baixos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
10 AÑOS DE TRAYECTORIA
Tanxugueiras publica O cuarto: "La tradición para nosotros es como papá y mamá"
RECONOCIMIENTO A UNA TRAYECTORIA
Los Suaves, distinguidos el Premio Honorífico de los XIII Premios Martín Códax de la Música
RELATO IBEROAMERICANO
“O Agente Secreto” y “El Eternauta” dominan los Premios Platino 2026
Lo último
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Se publica el Diario de Ana Frank
VOTOS A FAVOR DE PP, VOX Y UPN
El Senado reprueba a Aagesen por su nula gestión del apagón
PROCESIÓN DE LAS ANTORCHAS
Ourense iluminó el paso de la Virgen de Fátima
Manuel Orío
RECORTES
Sobre la Guardia Civil