Maspalomas

¡BUONE VISIONI!

Maspalomas
Maspalomas

Maspalomas, en Gran Canaria, consolidouse como un dos principais destinos turísticos LGBTIQ+ ademais dunha meta recoñecida da comunidade swinger. Nos últimos anos, a localidade ao sur de Gran Canaria converteuse no epicentro internacional do ‘turismo libertino’, segundo soamente ao pobo francés de Cap d’Agde.

Aitor Arregui e José Mari Goneaga, dúas das caras máis visibles da produtora donostiarra Moriarti – o outra é Jon Garaño – toman como punto de partida as dunas da praia de Maspalomas para falar da historia de Vicente, de 76 anos, un homosexual que está perfectamente integrado neste recuncho de Gran Canaria. Un accidente inesperado obrígalle a regresar a San Sebastián e a reencontrarse coa súa filla, a quen abandonou anos atrás. Vicente esta obrigado a ingresar nunha residencia e alí verase empuxado a volver ao armario...

Maspalomas é un filme luminoso e gris á vez, alegre e triste, como as dúas localizacións opostas no que está ambientado. É como unha película en dúas partes cun epílogo final. Os primeiros vinte minutos, soleados e moi explícitos, potencian as cores vividas e a liberdade sexual, mentres a segunda parte, máis introspectiva, con ton grises e unha fotografía máis fría, representa un mundo pechado en valores tradicionais. Unha dualidade que pertence ao seu protagonista, e que o home necesitará ter diante para reconciliarse consigo mesmo.

Maspalomas é un filme que explora a homosexualidade na terceira idade, e faino dunha forma moi sensible, transparente e rigorosa. A interpretación moi emotiva e valente de José Ramón Soroiz, condúcenos as raíces da súa dor e do seu desexo, e regálanos unha das interpretacións mais destacadas do cinema español recente. A súa actuación, con moitos cambios de rexistros, reforza un guión que intenta ir máis aló dos estereotipos sobre a comunidade LGBTIQ+. En xeral, o filme ofrécenos un retrato bastante honesto, inédito, humanista, tanto sobre a vellez como sobre a identidade. Por outro lado, ao igual temos a sólida interpretación de Nagore Aramburu no papel da filla de Vicente. Ela é outra figura dramática desta historia que pide voz e espazo no filme, e que se converte nunha figura clave. Moi lograda é tamén a representación da residencia onde se desenvolve a case totalidade da película. Ao igual neste sentido o filme quere ser unha homenaxe sentida a todas aquelas persoas maiores que perderon a vida nas residencias españolas durante a pandemia.

Os Moriarti confirman un talento que xa puidemos apreciar en filmes como Loreak (2014), Handia (2017) ou La trinchera infinita (2019).

Maspalomas competiu o ano pasado pola Concha de Oro no Festival de San Sebastián onde recibiu o Premio a Mellor Interpretación Protagonista. O filme ten 9 nominacións aos Premios Goya deste ano e o Premio Forqué pola Mellor Interpretación masculina, entre outros. Estreouse o ano pasado en cines, proxectouse no Cineclube Padre Feijoo de Ourense a semana pasada. Está entre as mellores películas do cinema español da última tempada. Acaba de chegar as plataformas de Filmin e Movistar+. Non a perdades.

En cartelera | El terror y el drama lideran la cartelera para San Valentín

En la víspera de San Valentín, la cartelera suma varios estrenos para todos los públicos y géneros. Entre ellos destacan la romántica “Cumbres borrascosas”, protagonizada por Margot Robbie y Jacob Elordi y basada en la novela de Emily Brontë, y la cinta de terror “El vestido”, con Belén Rueda como una madre que descubre oscuros sucesos en su nueva casa.

La oferta se completa con la animación familiar “Como cabras”, centrada en una pequeña cabra que aspira a triunfar en un deporte de contacto; el thriller policial “Ruta de escape”, con Chris Hemsworth como ladrón de joyas perseguido por la policía; y el documental “Historias del buen valle”, que retrata la vida en la periferia de Barcelona con una mirada social y humana.

También llegan la comedia fantástica “Castigo divino”, con el debut protagonista del cómico Juan Dávila; la producción surcoreana “No hay otra opción”, que mezcla comedia negra y crimen; la comedia francesa “Cuando todo es posible”, sobre una mujer que decide ser madre a los 55 años; el drama deportivo colombiano “Al ritmo del agua”; y la animación familiar “Baba Yaga y el libro de hechizos”, inspirada en el folclore eslavo y dirigida al público infantil.

Contenido patrocinado

stats