Os Premios da Crítica recoñecen a Oliver Laxe e Bieito Alonso
A pandemia de coronavirus marcou a edición número 43 dos Premios da Crítica de Galicia, que cada ano dende 1978 outorga a fundación do mesmo nome.
Nesta ocasión, a decisión dos xurados, que tiveron que debatir por video conferencia, foi comunicada vía YouTube polo presidente da fundación, Bieito Ledo, e o secretario, Manuel Bragado, nun acto na sede de Afundación que substituíu ao tradicional xantar no que adoitaban coincidir premiados, finalistas e destacados persoeiros do mundo da cultura e da política de Galicia.
Finalmente, os galardóns recaíron en Olga Novo, na categoría de Creación Literaria, pola súa obra “Feliz Idade”; o ourensán Beito Alonso, na modalidade de Investigación, polo seu ensaio “Anarquistas galegos en América”; o portal “GCiencia”, en Iniciativas Culturais e Científicas; a compositora e musicóloga Margarita Viso, en Música; o pintor e gravador Bieito Alonso, en Artes Plásticas; Os Monicreques de Kukas, co seu espectáculo “Arlequina”, en Artes Escénicas; Óliver Laxe, polo seu filme “O que arde”, en Cine e Artes Audiovisuais; e a Festa do Marisco do Grove, en Cultura Gastronómica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INVESTIGACIÓN XERACIÓN NÓS
Ramón Villares recibe o Premio Trasalba no Ano Oteriano e no centenario da Guía de Galicia
Lo último
"BOICOTEAR" LA INVESTIGACIÓN
El fiscal pide 15 años para el exministro de Rajoy Fernández Díaz por la Kitchen
VIRXE DOS OLLOS GRANDES
El Museo Provincial de Lugo acoge "Miradas", la nueva exposición de Acisclo Manzano