María Xesús Nogueira, profesora de Literatura Galega: "Begoña Caamaño creou un modelo de novelas feministas ó reescribir os mitos”
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
A profesora de Literatura Galega da USC, María Xesús Nogueira, repasa algunhas das claves da obra e personalidade de Begoña Caamaño.
Para achegarse a obra e peripecia vital e comprometida da autora homenxaeada nas Letras Galegas de 2026, a profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, María Xesús Nogueira, en colaboración con Ana Romaní, ven de publicar “Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño”.
Pregunta. Como definiría a figura de Begoña Caamaño dentro da literatura galega contemporánea?
Respuesta. Foi unha escritora moi innovadora no seu momento polo feito de crear un modelo de novelas feministas a partir da escritura dos mitos (os mitos da Odisea, da Bretaña). Como digo foi innovadora porque foi algo que non se fixera antes.
P. A súa obra literaria adoita revisitar personaxes femininos e relatos da tradición clásica. Que achegas fixo Begoña Caamaño á reinterpretación das mulleres na literatura galega?
R. Aportou unha visibilización das mulleres protagonistas que ata entón eran máis pasivos. Aportou outro xeito de estar no historia, de que as cousas podían ser de outra maneira. As cousas non tiñan que ser dunha forma senón que a historia podía ser contada doutro xeito.
P. Begoña Caamaño desenvolveu unha intensa traxectoria como xornalista e activista cultural. Esa dimensión pública e comprometida reflíctese tamén nas súas novelas?
R. Sí, desde logo. Hai unha traxectoria xornalística na radio, nos artigos de opinión e mil actividades nas que estivo comprometida (movimiento feminista, antimilitarista, anticapitalista) e todo eso se reflicte. Todos esos temas están repensados a través do xornalismo que logo se trasladan cando se pon a escribir. Ela comeza a escribir novelas con 40 años e todo esa base está ahí xermolando. Ainda que nas súas novelas fala dos mitos, son moi actuais. Leu a Odisea con 10 anos e foi unha gran lectura. Ela cría na vitalidade dos mitos.
P. Que impacto deixou entre lectoras, lectores e no ámbito intelectual galego?
R. En primeiro lugar, a promoción da súa obra viuse limitada polas circunstancias da súa desaparición pero ainda así tivo incidencia. A súa traxectoria foi moi reivindicada polas voces novas tanto desde o seu aspecto literario como a súa vertente militante. Ela non viña de ámbitos académicos senón do feminismo na rúa, e deixou pegada ética no seu mundo. No momento da súa desaparición estaba traballando nunha terceira novela e estabase documentando sobre outro mito, o de Sherezade e as Mil e una noites. Todo parece indicar que a súa obra ía seguir nesa liña sobre a construcción dos mitos. Desde que comezou a escribir tivo a vontade de introducirse nos ámbitos da literatura e dos libros. No ámbito cultural e xornalístico creou os seus propios programas e imaxino que, na actualidade, de seguir con nos, seguiría presente nos temas polos que se movilizou: as guerras ou a violencia contra as mulleres.
P. Ana Romaní e máis vostede veñen de publicar “Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño” (Galaxia). Como foi o proceso de reconstrucción da súa memoria? Que aprendestes neste proceso?
R. Foi máis complexo do que podería parecer xa que se trata dunha figura moi recente. Tiñamos un material moi amplo e heteroxeno. Fixemos un traballo de entrevistas persoais, documental, moi extenso. Démonos conta do difícil que é biografiar a unha figura tan próxima. Quixemos reflexar a nosa visión. Fixemos un intercambio de correos electrónicos para plasmar a diversidade da figura de Begoña Caamaño. E qué aprendemos? Aprendemos moito sobre a reconstrucción da súa vida en Vigo e en Compostela que foi onde iniciou todas esas militancias; aprendemos da súa dimensión polifacética e da súa dimensión ética así como a rede inmensa de afectos. Foi un proceso no que nos apoiamos unha na outra para tamén salvar a implicación emocional e procurar o rigor que a súa obra merecía. Por outra banda, ao ser unha figura tan próxima, os datos non estaban fixados. Algo que nos preocupou foi o respecto a súa intimidade. Por eso fixemos unha biografía para entender a súa obra e quisemos ser respectuosas coa súa intimidade e a do seu entorno.
P. A dedicación do Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño supón tamén unha oportunidade para redescubrir a súa obra. Que recomendaría a quen se achegue por primeira vez a ela?
R. Máis alá da info que vai saindo sobre ela o que eu recomendaria sería comenzar pola lectura das súas obras. A nivel educativo xerouse moito material e moitas biografias e unha maneira de transmitir os alumnos podería ser a través da súa vertente do xornalismo radiofónico; tamén poder ser unha ocasión para achegar ós rapaces sobre os mitos e a súa reescritura, mostralos como algo vivo e como a través deles se poden tratar temas actuais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
Begoña Caamaño, palabras para cambiar o mundo
UNA VIDA EN DEFENSA DEL PATRIMONIO
El Grupo Marcelo Macías homenajea a Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta en el último Boletín Auriense
Lo último