SUSPENDIDO EL UD OURENSE-CORUXO
El Estadio do Couto todavía no está disponible
Non se perde nin unha carreira das que se poden ver pola televisión e dende que corre en profesionais Carlos Canal recoñece que cunha ilusión especial: “Supoño que eu e calquera ourensán. É como cando Miguel Ángel xogaba no Madrid, pois faste do Madrid”.
Como definiría a Carlos Canal como ciclista?
É un corredor moi completo, que se defende en todos os terreos. Non hai moito que explicar porque ten que ter moitas cualidades cando sempre está indo para arriba na sua traxectoria. Cando se fixan en ti, por algo é. No Movistar hai adestradores que todo o mundo coñece polo moito que saben e si eles fichar a Carlos...
Ata onde o ve dentro da elite mundial na que corre?
Pelexando por gañar carreiras dun día ou algunha etapa nunha volta, eso segurísimo que si. Terá que tener algo de sorte á hora de meterse nas escapadas, pero claro que o vexo. Logo haberá que saber se no equipo lle deixan facer esa labor, porque hai equipos non queren que te metas en escapadas gastando forzas si non ven claro que se podan gañar esas etapas. Pero se o deixan vai gañar carreiras.
E onde o ve con máis opcións de gañar?
Eles xa teñen un calendario definido, polo menos ata algún punto da tempada. Logo, cando cheguen as grandes voltas, farán unha selección dos máis axeitados, pero eso xa é algo moi bo, saber onde e cando vai correr e poder prepararse ben para esos momentos. Eu penso que nalguna clásica pode facer algo moi bo.
Onde lle gostaría velo?
Home, a mín gustaríame velo no Tour. E moi pronto quizá, e máis nun equipo así no que haberá moita competencia, pero sería tremendo velo no Tour de Francia.
Como está agora mesmo o ciclismo español?
Hai corredores que fan cousas, como Juanpe López que foi vrias etapas de rosa no Giro, pero que poidan estar cos mellores eu so vexo e a Carlos Rodríguez e a Juan Ayuso. Máis a Carlos Rodríguez, porque Ayuso está no mesmo equipo que Pogacar e sempre terá que traballar para o líder nas grandes voltas.
E do resto do pelotón?
Espera, que este ano dame que vai haber un ciclismo moi interesante. Porque o Roglic marchouse do Jumbo e fichou polo Bora, que é potentísimo; o Pogacar sempre ten equipo no UEA; e Vingegaard segue no Jumbo, que o ano pasado arrasou. Este ano vai estar máis repartido. E logo sempre aparecen outros. Evenepoel, se aprende a correr e sabe reservar as forzas, farao mellor. É demasiado bo e vai con todo e ás veces explota como unha castaña, aínda que ao día seguinte vai e gaña a etapa. Dos errores vas aprendendo.
Con quen se queda?
Roglic gústame moito, e Vingegaaard tamén. Hai un tempo, nunha entrevista aquí en La Región, xa avisei dese rapaz.
Ve algún outro Vingegaard?
É moi cedo, aínda acaba de empezar todo. Vin as probas de Australia, pero aí van so a rodar, non van a competir. Gústalles máis lucir a publicidade e pouco máis.
Que lle di a Carlos?
Que agora está no máis alto, que ten unha oportunidade única e que estou seguro de que imos ver cousas fantásticas del, e máis aínda no equipo no que está.
É ademais o mellor referente posible para impulsar o ciclismo.
O ciclismo na cidade de Ourense desapareceu, so quedan cicloturistas. Os que querer facer algo teñen que ir a Maceda, que fan un traballo enorme co Xulio á cabeza, e é unha pena porque o ourensano vale para o ciclismo. Somos unha raza forte. Se se prepara hai carreteras para facerse duro.
Rematamos. Poderíalle dar algún consello?
Poucos lle podo dar. Xa leva varios anos con mellores e xa sabe máis ca min, coñece máis o ciclismo actual. Que aproveite o máximo que poda, que sexa tan humilde como é, que axude ao equipo e aos compañeiros en todo o que lle pidan. Non lle podo dicir nada máis. Moita sorte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUSPENDIDO EL UD OURENSE-CORUXO
El Estadio do Couto todavía no está disponible
SOLVENCIA Y FUERZA
Mauro Dorado, del Celanova: “San Rosendo debe ser un fortín”
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”
Lo último