LA NUEVA OURENSANÍA
Jonathan Cubides, desde Colombia abrazando las grandezas de Terrachán
HOMENAXE A "MORRIS"
Ficar Entrimo, o Festival Internacional de Curtametraxes e Arte da localidade, inicia este venres a súa terceira edición, que continuará o sábado e o domingo nun espazo único: a Porta do Parque do Xurés, no corazón da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.
O evento, organizado por Bolboretas Gestión Cultural S.C. co apoio e colaboración do Concello, combina proxeccións de curtas internacionais, arte contemporánea, música en vivo, instalacións urbanas, unha zona gastronómica e espazos de lecer.
A temática deste ano é “Xuventude e rural”, de aí que as 22 curtas da programación, seleccionadas entre centos de propostas internacionais, visibilicen novas olladas ao rural dende a mocidade.
As curtas proxectaranse en tres bloques (“Toxo”, “Fento” e “Xesta”) este venres, o sábado 19 e o domingo 20, en dous pases diarios: ás 18,30 e ás 20,30 horas. O sábado terá lugar unha proxección especial de “Sirat”, o filme de Oliver Laxe premiado en Cannes, ao aire libre ás 22,00 horas.
Cada ano, Ficar Entrimo rende homenaxe a figuras destacadas do cine que, pola súa traxectoria ou vínculo co rural, representan os valores e o espírito do festival. Este ano, o recoñecemento será para o actor galego Antonio Durán “Morris”, que sucede a Mela Casal e José Sacristán.
A homenaxe terá lugar este sábado no escenario ao aire libre do Campo da Eira, nun encontro co público. Ademais, instalarase unha placa conmemorativa no Muro da Fama do Concello de Entrimo.
A programación completarase o sábado cun obradoiro de dúas horas do director e guionista Jorge Naranjo, co título “A deconstrución dunha curtametraxe”. Ademais haberá unha exposición fotográfica de Antonio Álvarez, concertos ao vivo os tres días de Bewis de la Rosa, Honorata DJ, Catuxa Salom, Pancho DJ, a Banda de Música de Lobios e Bravo Maldonado, así como zona gastro e chill.
Para máis información, nas redes sociais @ficar_entrimo. Tódalas proxeccións e actividades son gratuítas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA NUEVA OURENSANÍA
Jonathan Cubides, desde Colombia abrazando las grandezas de Terrachán
SANTA MARÍA A REAL
Entrimo disfrutó de la versión veraniega del Carnaval con el Entrifaz
VIII XORNADAS ARRAIANAS
Entrimo nomea Tono Correa Corredoira como Arraiano Maior 2025
Lo último
Tensión en el Golfo
Irán escala el conflicto con ataques en el golfo Pérsico y amenazas a Europa
MERCADOS EN CAÍDA LIBRE
El Ibex 35 se desploma más de un 4% por la escalada en Oriente Medio