30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
ENTROIDO 2020
No Concello de Cartelle, falar deEntroido é facelo das Bonitas de Sande. Unha figura cuxa historia se remonta á época da guerra das Filipinas. Os mariñeiros que foron loitar no combate regresaron coas telas que conforman o actual traxe das Bonitas. Explica Mónica Vázquez, membro das Bonitas, que os mantos que conforman a súa vestimenta son de Manila, en referencia á capital de Filipinas.
Antigamente, no Entroido a xente saía vestida con roupa vella. "Cando os veciños viron a alguén perfectamente vestido, tan elegante, non podía menos que chamárselle bonita", sinala Mónica.
O traxe da Bonita está marcado pola dualidade do masculino e do feminino, que se ve na súa gravata e na falda. "Nun primeiro momento, este traxe só o vestían os homes, os catro mellores mozos do pobo", explica Vázquez. Mais coa evolución dos tempos foronse incorporando as mulleres, principais responsables da recuperación desta tradición. Os mantos coloridos do seu traxe van acompañados dun gorro feito con plumas naturais, así como por unha careta de arame, adaptada a cada cara e adornada con flecos.
En canto ao papel da Bonita, é o de manter a orde durante as obras de teatro que se realizan nos diferentes puntos da aldea para que ninguén interrumpa os números. De aí que sempre leven consigo un vergallo.
A Bonita de Sande vai acompañada do oso e da vaca, a parte máis salvaxe desta celebración. Explica Lino Montero, membro das Bonitas, que "o oso ten que ir dominado polo home", por ser o animal ao que máis medo lle tiña a xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio