30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
COMPADRES
O entroido vai chegando a tódolos recunchos da provincia de paseniño, facéndose de rogar. Esta semana os alaricáns poideron dar renda solta a unha das celebracións máis queridas na vila, que este ano serviu como homenaxe ao defunto Francisco García, Paco, exacalde do Concello e veciño querido por todos.
O pasado xoves, Allariz celebrou a súa noite de Compadres, a cita que serve para arrincar o entroido no Concello. Os entroideiros, contra vento e marea, encontráronse na Barreira, pasadas as 20,30 horas. Acompañados do grupo de gaiteiros De Pé Feito, percorreron as rúas da vila nunha noite de diversión, troula e recordos.
O entroido, que comeza co colgamento do meco, era unha das moitas festas nas que se podía ver a Paco desfrutar xunto aos seus veciños. Por iso, este ano o meco serviu de homenaxe para él, vestido cunha camisola coa frase “sempre con nós” e colgándolle uns guantes de boxeo, un disfraz que Paco adoitaba poñerse.
Moi emocionado, o irmán de Paco, Pío, axudou a subir ao meco para dar comezo a unha tradición que non será o mesmo sen él.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N