FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
FACHÓS
Contra vento e marea, centos de veciños xuntáronse ao pé do Castelo de Maceda para acompañar á canteira do seu entroido. A Baixada da Mareliña, organizada pola Anpa do Ceip de Maceda, é a cita na que os máis novos do municipio se fan coa vila para demostrar que o futuro vén pisando forte.
Cara as 18,00 horas a chuvia e o vento facían forza, pero a vontade dos presentes era máis forte. Co encendido dos primeiros fachós no alto do Castelo anunciouse o comezo da baixada. Entre lume, a Mareliña fixo acto de presenza cargando contra os asitentes, que facían o posible para non acabar no chan.
“Pero faltan os bombos”, queixouse unha cativa á súa nai: “non poden tocar porque chove”, explicoulle. Para a alegría de moitos, o Barullón de Carguizoi estaba esperando abaixo á comitiva, resgardados polas carpas.
Á beira do Castelo tamén se atopaban varios carros, que ao igual que o pasado sábado, baixaron polo medio de Maceda. Montados neles ían unha morea de cativos que semellaban desfrutar do protagonismo do momento -polo menos case todos-. A Marela, ou a Mareliña neste caso, non se pode entender tampouco sen a fariña, que tamén fixo acto de presenza manchando a moitos -senón a todos- os veciños.
Unha das cousas que máis lle gusta a estes cativos é o son das chocas. Cun movemento idéntico ao dos felos -pés clavados no chan e movendo as cadeiras-, os pequenos facíanas soar ao unísono. Os cativos tamén poideron desfrutar dunha sesión de troula na que eles foron os protagonistas por conta de Dorman Dj, que se encargou de mover os esquelos dos incansables pequenos que forman a canteira macedá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas