EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
COLOQUIOS
O baixo do Concello de Laza acolle este sábado, ás 16,30 horas, as IV Xornadas Tempo de Entroido da asociación cultural enLAZAdos. Un espazo de encontro sobre o Entroido, estruturado en tres bloques.
O programa comezará analizando o potencial educativo da tradición co panel “O Entroido e o seu uso didáctico: unha análise pedagóxica”, a cargo de Alejandra Feijoo. A continuación, terá lugar un coloquio sobre o oficio manual, “O berce da tradición: os/as artesáns do Entroido”, que contará coa participación de creadores procedentes de puntos como Laza, Matamá, Viana do Bolo e A Estrada.
A xornada pecharase cunha ollada á historia de Laza coa presentación “Personaxes senlleiras do Entroido de Laza”. A arqueóloga lazá Nieves Amado homenaxeará a figuras como “O Sarreaus”, testamenteiro e entroideiro, e Aurelio Vila, “Lelo”, artesán de caretas e entroideiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
Laza terá un museo etnográfico dedicado ao Entroido e ao Santo Cristo
AVOGADA DAS DORES DE CABEZA
Cerdedelo, en Laza, dedica tres días de festa e culto á Virxe da Pena Tallada
Lo último
CAMPEÓN DEL MUNDO EN 2006
Pepu Hernández, exseleccionador español de baloncesto: “Grupo no es lo mismo que equipo”