CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
VISITA DO FULIÓN DE VILAR
O concello de Manzaneda volverá celebrar entre os días 5 e 17 de febreiro de 2026 o seu tradicional Entroido, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, unha das celebracións máis singulares polo seu fondo arraigo cultural e tradicional.
O Entroido de Manzaneda ten como protagonista indiscutible á Mázcara, figura de gran elegancia e simbolismo, que representa un dos elementos máis recoñecibles desta celebración.
O programa comezará o xoves 5 de febreiro coa celebración do Xoves de Compadres. Ao día seguinte, o venres 6, terá lugar a tradicional Cea do Lardeiro. A semana seguinte continuará o xoves 12 co Xoves de Comadres e o venres 13 coa ronda da cativada do CEIP Manzaneda e da Casa Niño O Bicarelo.
O sábado 14 será un dos días máis intensos do Entroido, coa visita do Fulión de Vilar ao pobo de Raigada, seguida da fuliada e fariña en San Martiño. Nesa mesma xornada, o Fulión de Langullo visitará Borruga e Cubeiros, mentres que o Fulión de Bidueira irá a Requeixo. O día rematará coa celebración da Cea da Lardeira. O domingo 15 celebrarase o Domingo Gordo na parroquia de San Martiño, e o luns 16 terá lugar a ronda dos Gusanitos pola vila de Manzaneda.
O momento central do Entroido chegará o martes 17 de febreiro, Martes de Entroido, cando todos os fulións do municipio se reunirán na vila para participar nun espectacular desfile conxunto. A xornada culminará cunha comida popular a base de produtos típicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de junio?