CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Os fiadeiros, segundo contan as persoas maiores da contorna, eran unhas festas que facían no Entroido. Unhas xuntanzas entre veciños nas que cada un achegaba o que podía, levaban tamén música con gaitas e pandeiretas e acudían os felos, aínda que non moitos xa que os traxes son caros e daquelas non o podía permitir moita xente. Segundo nos conta Carmen Iglero, unha das rapazas da organización, os traxes eran de alugueiro e prestábanos de uns a outros. “A idea naceu para distraerse das tarefas cotiás e xuntarse entre os veciños”, aclarou Carmen.
Este ano volverase repetir o de outras voltas, e este sábado, dende as 17:00 horas, estarán abertas as barras para empezar a troula e poden achegarse os músicos que queiran a animar o evento. “É unha foliada libre na que nós non lle pagamos nada, cada un vén tocar o que quere”, aclarou Carmen, “invitamos a comer e a beber tanto aos músicos como aos felos que veñan”.
O resto da xente ten bebidas a prezos populares para apoiar a festa e que poida seguir celebrándose, xa que todo o que recadan é para continuar facéndoo. Tamén venden unhas cuncas para que a xente beba por aí, “é un xeito de reducir a cantidade de plástico e a suciedade da aldea e poder seguir facendo o Fiadeiro”, rematou.
O Fiadeiro de Carguizoi formalizouse en 2017 cando tanto os felos coma os veciños decidiron oficializar a festa e convidar a máis xente. Ese ano fíxose na palleira dunha veciña, que era onde agardaban por os felos para empezar a comer todos xuntos as bicas, tortillas ou empanadas, feitas polos veciños e que son típicas da contorna. “É un recibimento que se lle fai ós felos”, resumiu Carmen: “E eles fan o seu, soan as chocas, collen aos veciños para xogar e métense nas palleiras a bailar”.
As últimas horas da tarde contan que aparezan os felos, pero coma sempre, “son unhas figuras imprevisibles e farán o que lles pete”, sinalou Carmen Igleto. “Cando chegan, os veciños abren as palleiras para que entre todo o mundo a bailar e desfrutar con eles, e xusto nese momento repartiremos uns pinchos de balde, como se facía antes e para manter o felo como protagonista da festa”, aclarou.
Os máis novos da aldea, que agora organizan a festa, adoitan disfrazarse de vellos durante o Fiadeiro para recordar á xente maior que o facía antes ca eles, e invitan a todos os asistentes a ir disfrazados do que lles apeteza, pero que vaian disfrazados.
Dende 2017 ata 2020 a festa foi crecendo e abríndose a máis xente. Durante a pandemia de 2020 foi o derradeiro ano antes de paralo, xa que durante 2021 e 2022 non se celebrou. En 2023 colleron as rendas os máis novos da aldea para axudar aos maiores que xa se lles complicaba facer tanta comida e atender a tanta xente. Durante ese ano, comezaron a facer publicidade en redes sociais e acudiu moita xente, polo que comezaron a cobrar as bebidas para poder afrontar os custes, xa que os petiscos, feitos por eles mesmos, continúan sendo de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
48 HORAS DESPUÉS
La solidaridad toma el relevo en las aldeas de Viana do Bolo