FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
O maior Entroido itinerante da provincia de Ourense volveu a mostrar onte as súas mellores galas. As carrozas confeccionadas polos veciños das distintas parroquias do municipio, con ideas moi orixinais, participaron no Entroido de Amoeiro.
Así, como é habitual, realizaron un percorrido polas diferentes aldeas, onde os veciños lles ían ofrecendo pinchos e bebida ao seu paso. Os gaiteiros de “Rede Gaitas” foron amenizando a ruta ao seu paso polo Cruce de Parada, A Bergueira, Trasalba, Bóveda, Amoeiro e Parada.
A rolda polas aldeas comezou ás 9,30 horas da mañá e rematou pasadas as seis da tarde. Xa á tardiña, veciños e participantes das carrozas tiveron festa a cargo de “Pen Music” no campo da festa de Parada. Con todo, o entroido itinerante non rematou.
Quedan aínda dúas etapas. O desfile volverá saír mañá polos pobos dos concellos de Amoeiro, Cea e Maside coa “Charanga de Bande” e o grupo “Explosión”.
A xornada do martes 4 marzo comezará cunha Sesión Vermú, seguida dun Xantar Popular. A partir das 16,30 horas, un novo desfile pasará polos seguintes pobos de Parada: Poboanza, Casares e fondo de Parada. Haberá música e baile a cargo do grupo “Xoldra” e tamén se celebrará a entrega de premios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia