As mázcaras de Manzaneda son un auténtico espectáculo, xirando sobre si mesmas, seguindo o compás do fulión que traen detrás con bombos, aixadas, cornas e gadañas
Galería | O Entroido de Trives recibiu a diferentes folións da provincia de Ourense
9 CONCELLOS
Repasa as fotografías do desfile do pasado domingo na Pobra de Trives
As rúas da Pobra de Trives enchéronse tradición co Desfile de Folións organizado por Os Labregos, reunindo preto de 800 participantes. Na súa vixésima edición, desfilaron 13 folións chegados de 9 concellos diferentes da provincia de Ourense: Trives, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, O Bolo, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña, A Veiga e Petín.
Esta tradición pasou de xeración en xeración, con nenos, pais e avós unidos polo amor ao Entroido. Unha fraternidade que se pode observar nas imaxes do desfile do pasado domingo.
1/17
O folión Os Labregos abrindo a edición número XX do desfile organizada por eles en Trives.
2/17
O folio Os Labregos na súa exhibición na Praza do Pilón
3/17
O folión de Chandrexa de Queixa entrando na Praza do Pilón
4/17
O Fiadeiro de Trives, guiados polos seus boteiros
5/17
O bombo no centro axuda a guiar a todo o resto dos integrantes do folión
6/17
O charrelo e o boi son as figuras tradicionais do fulión da Veiga
7/17
As torres de bombos do fulión da Veiga non deixaron indiferentes ao público
8/17
O folión Os Arrieiros de Petín.
9/17
A Lardeira, un dos folións de Trives, adéntrase na plaza coa promeira fila encamiñada polos máis pequenos xa coa tradición dentro do corpo
10/17
O folión da Caniceira é un dos máis coloridos de Trives
11/17
O fulión de Sobrado é o máis antigo de todo o concello de Trives e este é o segundo ano que participa no desfile dos Labregos
12/17
As mázcaras de Manzaneda son un auténtico espectáculo, xirando sobre si mesmas, seguindo o compás do fulión que traen detrás con bombos, aixadas, cornas e gadañas
13/17
O característico pucho de Buxán saltando ao ritmo do seu fuión
14/17
Boteiro de Fradelo
15/17
Fradelo e os seus boteiros gañan a admiración do público tocando con forza na praza
16/17
Casi un cento de vecinos de Vilariño de Conso participaron no desfile trivés con Xuntos polo folión. Fixeron tremer a vila mentres os coloridos boteiros abrían paso
17/17
O folión chegado desde A Gudiña para participar neste encontro