30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
As rúas da Pobra de Trives convertéronse nun escenario de son, cor e tradición co Desfile de Folións organizado polo Folión Os Labregos, que reuniu arredor de 800 participantes e encheu a vila de música e enerxía. Nesta vixésima edición, o evento consolidouse como o gran referente do Entroido trivés, unha festa na que cada paso dos boteiros e cada golpe de bombo resoaron con forza, reafirmando o poder dunha tradición ancestral que segue máis viva ca nunca na montaña ourensá.
Pouco despois das 15,30 horas, os anfitrións, Os Labregos, deron inicio ao desfile desde a finca da Barreira. Desde alí, a comitiva avanzou pola rúa San Martín, atravesando o casco antigo e rematando este ano na Praza do Concello. O son profundo dos bombos, o estrondo das cornas e das aixadas, e o vibrante baile das mázcaras marcaron o ritmo dunha xornada na que tradición e festa foron da man. Xuntos polo fulión de Vilariño de Conso, foron os encargados de pechar este gran desfile, que cada ano reune máis participantes.
Os Labregos reuniron no seu encontro en Trives a folións chegados de toda a provincia: A Lardeira, Chandrexa de Queixa, Buxán, A Caniceira, A Veiga, O Fiadeiro, Os Arrieiros de Petín, Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso, Carracedo da Serra da Gudiña, o Fulión de Sobrado –o máis antigo do concello trivés–, Manzaneda e Fradelo. Cada grupo deixou a súa pegada no desfile, coas súas peculiares mázcaras e boteiros imprimindo forza e espectáculo ao percorrido.
O máis emocionante, sen dúbida, foi ver como a tradición se transmite de xeración en xeración: nenos, pais e avós compartindo, unidos polo amor ao Entroido. O ir e vir dos boteiros, as danzas das mázcaras e o son atronador dos folións foron unha declaración de que o Entroido do oriente ourensán está máis forte ca nunca.
A celebración non quedou só no desfile. Xa o día anterior, Os Labregos organizaron actividades para os máis pequenos, charanga e DJs que fixeron que a festa se prolongase ata a madrugada. E, como non podía ser doutro xeito, o remate do gran desfile do domingo foi coa cea de confraternización, onde os folións foron convidados a un menú elaborado pola propia asociación organizadora cos mellores produtos da zona.
“Para nós esto é un sentimento para o que traballamos os 365 días do ano. Este é o desfile que recolle a maior representación de concellos de toda a provincia”, destacaba Iván Justo, o presidente de Os Labregos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga