FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
LEGADO FAMILIAR
Hai sons que non se escoitan, séntense no estómago. Hai rituais que non se explican, forman parte dun. E hai sentimentos que non se comparten, lévanse no sangue. E no corazón. Onte en Laza cumpríronse estas tres máximas no Domingo de Estrea, un día que non é como outro calquera, senón o do regreso do Peliqueiro, o rei do seu Entroido.
O silencio das rúas constrastaba co bulir dos fogares, onde familias e grupos de amigos axudábanse a vestir os traxes, outro ritual. A bica e o xastré maridaron as ganas de pór a careta, tanto dos veteráns como dos máis pequenos, que se miran no seu espello deste legado familiar. Laza, onde non se contan os anos senón os entroidos, volveu ao punto de partida coa volta dos peliqueiros á Praza da Picota, o seu hábitat natural.
Os primeiros grupos quentaron o ambiente con carreiras que emocionaron aos veciños e marabillaron aos de fóra. Zamarra en man, os peliqueiros bateron nalgúns incautos para reclamar o seu espazo e abrirse paso. O son dos chocos comezou a inundalo todo e, co paso dos minutos, a expectación -e a multitude- non pararon de aumentar.
Á saída da misa, os peliqueiros congregáronse para realizar o tradicional pasillo aos devotos, aos que saudaron sen deixar facer soar os chocos. Pero aínda quedaba o apoxeo, o momento culminante da mañá.
Tras baixar ata o fondo da Cerdeiriña, centos de peliqueiros, en ringleiras aos dous lados e cos máis novos no centro, avanzaron de volta cara A Picota, nun momento que sintetizou o orgullo e identidade do pobo lazao. Por detrás marchaba o carro coa Bica do Peliqueiro, exquisitez local feita para a ocasión que repartiron as “galegas”, veciñas voluntarias con roupa tradicional. Custodiadas polos peliqueiros, estes aseguráronse de que ninguén quedara sen doce, e reprenderon aos que asaltaban as bandexas nada máis saír.
O resto do domingo estivo marcado pola música e culminou cunha gran verbena, pero nada supera a satisfacción de saber que o Peliqueiro xa volve a impór a súa lei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Lo último