ARTES TRADICIONALES
Las bonitas de Sande llevan su magia a México
O concello de Sarreaus celebrou o seu Domingo de Entroido co tradicional desfile da tarde, na que tamén aparecen os seus protagonistas, os vergalleiros. Esta senlleira figura foi recuperada no ano 1991 por a iniciativa do Concello, xunto ca volta tamén do seu Entroido. Unha data que cada vez máis xente marca nos seus calendarios de Entroido e que é un dos máis famosos da comarca.
Moitos veciños achegáronse a desfrutar deste día no que os máis entroideiros anímanse a acompañar ós vergalleiros e ós bombos no desfile, cos seus disfraces temáticos e en grupo. O desfile comezou cara ás 17,00 horas e percorreu as rúas da localidade, nas que a música das comparsas e dos grupos musicais animaron unha tarde de Entroido única.
Ao remate do desfile, os vergalleiros gardaron os seus traxes sen pasarlles o ferro para que non se arreguen, como dicta a costume.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTES TRADICIONALES
Las bonitas de Sande llevan su magia a México
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último