MARTES DE ENTROIDO
Galería | As Eiroás consuman los esponsales de A Pita
CORES E CARETAS
Despois de dúas semanas de festa e diversión, Verín escribiu onte a última páxina deste Entroido. Nove días que deixan trás de si miles de imaxes e momentos inesquecibles, gravados xa na retina e no sentimento, tanto dos verinenses coma da gran cantidade de visitantes que durante estas xornadas se achegaron a descubrir a celebración máis universal da vila do Támega.
Como cada Martes de Entroido, os veciños tiñan unha cita especial para despedir a Don Carnal no máis alto. O derradeiro desfile encheu as rúas e volveu ofrecer unha exhibición de todo aquelo que fan especial estes días tan agardados, dende a troula e a retranca, ata a orixinalidade e a creatividade froito de meses de traballo.
No inicio do percorrido dende a avenida de Castela os protagonistas foron centos de cigarróns, que fixeron soar as súas chocas e botaron as últimas carreiras, formando unha coreografía de presente e de futuro coas súas cores e caretas.
Detrás deles viñeron as comparsas e carrozas que, aderezadas coa música das charangas, amosaron o enxeño colectivo sobre o que se sostén o Entroido. A imaxinación, a crítica mordaz e a sorpresa estiveron presentes nos grupos, que recibiron o abrazo unánime da xente.
A veciñanza apurou as últimas horas, sabedora de que o festivo local de hoxe permite descansar e lembrar todo o vivido. Cigarróns, comadres e compadres contan xa os días para volver engalanar a vila nos días máis bonitos do vindeiro ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MARTES DE ENTROIDO
Galería | As Eiroás consuman los esponsales de A Pita
HUMOR Y COMPLICIDAD
Galería | Paquita y Nicanor dan fin al Martes de Entroido de Seixalbo
Lo último