XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
ENTROIDO EN MERCA
San Pedro da Mezquita, no concello da Merca, prepárase para celebrar o seu entroido, unha tradición que se mantén “dende hai máis de 250 anos” e que está protagonizada polo Galo, a colorida figura senlleira desta celebración.
O programa de actividades arranca na tarde do domingo 8 de febreiro na escola co Corredoiro do Galo, que marcará a primeira saída dos galos. O domingo seguinte, 15 de febreiro, haberá un pasarrúas e os galos cantarán, bailarán e correrán polas aldeas trala saída de misa. Posteriormente terá lugar un xantar veciñal para o que cómpre inscribirse no bar Patamela, antes do 11 de febreiro. Esa tarde seguirá o entroido cos galos e coa música da charanga celanovesa Caliqueños.
O martes será o derradeiro día do entroido, onde A Mezquita despedirá os galos e haberá un pequeno pasarrúas. Dende a asociación Os Galos da Mezquita informan de que o 7 de febreiro participarán no Entroido de Mugares (Toén).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último