CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
ENTROIDO DE TRIVES
A Pobra de Trives volverá encherse de tradición, música e entroido o próximo domingo 8 de febreiro coa celebración do Desfile de Fulións, organizado pola asociación cultural Os Labregos, que xa vai pola vixésimo primeira edición. A cita, que dará comezo ás 15,30 horas, converteuse ao longo dos anos nunha das concentracións de fulións máis numerosas que se celebran sen a organización directa dun Concello, reflexo do esforzo constante e desinteresado do colectivo trivés.
Os Labregos fixeron público o cartel desta nova edición, unha imaxe cargada de simbolismo e compromiso co territorio e a súa memoria recente. Tal e como explican nas súas redes sociais, “o cartel deste ano nace dun lugar moi especial para todos nós: a nosa Serra A Cabeza Grande, ferida hai pouco pola peor vaga de incendios que lembramos”. Onde antes había piñeiros, quedou o negro; pero onde houbo silencio e cinza, agora queren poñer vida de novo.
Na elección da imaxe, a neve aparece como protagonista xunto a un boteiro, simbolizando “a esperanza, o futuro, e tamén a forza económica e emocional que a neve ten para a nosa terra”. Unha mensaxe que reivindica a capacidade do rural para recuperarse e lembrarnos que “o rural non se vende, o rural deféndese”.
O XXI Desfile de Fulións de Trives preséntase así como unha expresión colectiva de identidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último