CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
PROCESIÓN DE FACHÓS
Centos de limiaos con roupa de época acompañaron este sábado entre lusco e fusco a procesión pagana do Meco, boneco en forma de home e obxecto das mofas cuxo colgamento na Praza Maior simboliza que o Entroido rexe xa sobre a vila. Alí permanecerá aforcado, testemuña muda destas semanas, ata o Domingo de Piñata.
No percorrido polo Barrio de Abaixo e os viños seguindo o carro co Meco non faltou a música tradicional, tampouco o touro nin outros personaxes. O son de gaitas e tambores precedeu ao fume e lume dos fachós, protagonistas deste ritual popular organizado pola asociación cultural A Pantalla.
O momento máis emotivo foi a entrega da Aguillada aos entroideiros Manolo “Rato” e o recentemente finado José Carrera “Pucho”. Foi o preludio dunha noite máxica cos concertos de Os D’abaixo e The tetas’ van.
O Entroido continúa este domingo co Oleiro, no que voarán centos de olas de barro, pasando de man en man ata caer no chan. O carro coas olas sairá do Museo do Entroido ás 12,30 horas, e á 13,00 será o oleiro infantil na Praza Maior. Ás 16,00 sairá de novo, e as olas voarán na praza ás 16,30.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último