XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
NOVA EDICIÓN
A aldea de Matamá, no concello de Laza, xa conta os días para vivir unha nova edición do seu Antroido, unha celebración de gran raigame que se recuperou grazas á unión e traballo colectivo de veciñanza e amigos.
A praza do Cruceiro, sede do baixo da asociación veciñal, volverá ser o epicentro das celebracións, que arrancarán cos folións este sábado, 24 de xaneiro, seguido polos dous vindeiros, 31 de xaneiro e 7 de febreiro. A cita será a partir das 22,00 horas, e contará coa participación dos Bombeiros de Vences. Ademais, o sábado 31 actuará o grupo Os Festicultores.
O 12 de febreiro será o xoves de comadres, a tradicional cea das mulleres de Matamá. Dous días máis tarde, o 14 de febreiro, terá lugar o Sábado de Antroido cunha cea popula a base de porco ao espeto, que require inscrición previa antes do día 7. Ao día seguinte, Domingo de Antroido, estrearanse os peliqueiros á saída de misa.
Xa o día 16, Luns de Antroido, ao mediodía haberá un percorrido polo núcleo, con paradas para xantar, beber e troulear, amenizadas pola charanga A Felga. Á tarde sairá a Morena e a Albarda acompañadas de formigas, borrallo, fariña e cobellereiros.
Finalmente, a celebración concluirá o Martes de Antroido co Testamento do Burro, ás 16,30, coa comparsa cos sombreiros de papel e outros persoeiros do Antroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico