A “Noite de Entroido” fixo vibrar as rúas de Allariz
SEN MEDO Á CHOIVA
O municipio de Allariz celebrou onte o seu Entroido na Rúa, unha proposta que convocou aos festeiros a achegarse á vila para unha sesión de troula que comezou ás 20,30 horas coa Charanga Os Encerelaldos na Barreira
O Entroido alaricano voltou ás rúas da vila co Xoves de Comadres, a segunda data do seu calendario e que serve de antesala ao fin de semana de troula que preparou o Concello.
A cita comezou, como o pasado Xoves de Compadres, ás 20,30 horas na Barreira. A Charanga Achicoria, un clásico do Entroido de Allariz, arrincou o seu pasarrúas acompañado polos entroideiros. Bebida en man, a troula estaba por comezar. Ata pasadas as 22,30 horas estiveron de verbena na vila do Arnoia, retirándose prudentemente para poder rendir na troula vindeira.
Allariz celebrou onte o seu Entroido na Rúa, unha proposta que convocou aos festeiros a achegarse á vila para unha sesión de troula que comezou ás 20,30 horas coa Charanga Os Encerelaldos na Barreira. Coa caida da noite, deu comezo a Noite de Entroido, que levou a festa á Praza Maior da vila, onde unha discomóvil puxo a banda sonora.
Punto e seguido
O Entroido descansa hoxe na vila de Allariz, pero voltará mañá ás 12,00 horas para unha sesión vermú coa Charanga Alambique dende a Barreira. O vindeiro luns, 16 de febreiro, celebrarase a tradicional Cachuchada na Barreira, unha cita organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa e que xunta aos veciños para celebrar en comunidade unha das datas más senlleiras da vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
INGRESOS DE AURIA TV
Los dobles ingresos de Jácome, una controversia administrativa
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 27 de junio