XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
COMIDA POPULAR
Verín conta os días para arrancar o seu Entroido o 5 de febreiro co Xoves de Compadres. Dous días máis tarde, o sábado 7, terá lugar a novidade máis importante na programación, o Xantar do Capuchón, que nace co obxectivo de potenciar a convivencia, a participación veciñal e o “Entroido de día”, tomando como elemento central a figura tradicional do Capuchón.
Este xantar popular celebrarase no pavillón de deportes, onde xa se poden retirar os tíckets en horario de 12,00 a 14,00 e de 19,00 a 21,00 horas. O prezo é de 28 euros, agás para os menores de 6 anos, que entrarán de balde.
O menú ofrecerá empanadas variadas, sopa, lacón, androlla e chourizo con grelos e cachelos, e de sobremesa orellas e bica ou torta Cigarrón. Inclúe auga, gaseosa e viño tinto e branco da D.O. Monterrei, pan, café, e chupitos.
Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Festexos e Turismo convidou a veciñanza e visitantes a participar nesta proposta que busca “recuperar e poñer en valor o Capuchón, figura tradicional do noso Entroido, dándolle protagonismo tamén á gastronomía e á convivencia, sinais de identidade desta tradicional festa verinesa”.
O Xantar do Capuchón arrancará ás 12,30 cunha sesión vermú a cargo da charanga Los Támega, na Praza Maior. O xantar terá lugar a partir das 14,30 no pavillón, e á tarde haberá de novo animación musical con Los Támega nas rúas Irmáns Moreno e Montemaior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico