ARTES TRADICIONALES
Las bonitas de Sande llevan su magia a México
Fariña e máis fariña foi o elemento principal arredor do que xirou o día do sábado na vila lazá, nun Sábado de Cabritadas que sirve como antesala perfecta ao gran día de hoxe.
Tralo emocionante gran folión do venres, cunha participación masiva, ao igual que na Cea do Cocido previa, Laza comezou a coller forzas cun pasarrúas a cargo do grupo tradicional Tanto Nos Ten, un clásico do seu Entroido.
A Praza da Picota foi a continuación o epicentro dunha animada fariñada, na que como é normal, a cativada pasouno en grande e os adultos volveron á infancia por un rato.
Tras unha nova actuación musical, desta vez a cargo do grupo LouBand, a noite foi o momento en que as pandillas se xuntaron para compartir tempo xuntos nas coñecidas como “ceas dos mozos”, unha excusa para pasalo ben e exaltar a amizade entre os grupos de veciños, parte esencial tamén das súas “cabritadas”.
Deste xeito, Laza amencerá este domingo con moitas ganas no ambiente nun novo Domingo de Estrea. Despois dun ano enteiro de espera, os peliqueiros volverán pór o traxe e a careta para correr polas rúas facendo sonar os seus chocos. Primeiro farán parada na igrexa, onde protagonizarán o seu saúdo e repartirán a súa bica na Picota.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTES TRADICIONALES
Las bonitas de Sande llevan su magia a México
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último