Os populares poñen en valor a difusión do Entroido galego

MEMORIA COLECTIVA

“Desde as institucións, temos a obriga de protexer, apoiar e difundir o noso patrimonio inmaterial”, dixo Jose Luis Ferro sobre o Entroido galego

José Luis Ferro, Cristina Campero e Justo Gude.
José Luis Ferro, Cristina Campero e Justo Gude. | LR

Os deputados do Grupo Popular Cristina Campero e José Luís Ferro enxalzaron o traballo desenvolvido polo historiador, investigador e estudoso Justo Gude Méndez na difusión e posta en valor do entroido galego, “”unha das manifestacións culturais máis singulares e identitarias de Galicia”. 

Durante o encontro, Cristina Campero e José Luis Ferro tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o intenso traballo de investigación e documentación desenvolvido por Justo Gude, e todas as persoas que traballan conxuntamente con el no estudo de elementos significativos do Entroido. “Non son só traxes nin rituais, son emocións herdadas, orgullo compartido e sentimento de pertenza”, dixo a deputada.

“Desde as institucións, temos a obriga de protexer, apoiar e difundir o noso patrimonio cultural inmaterial”, sinalou José Luis Ferro, anotando que o Entroido galego “é unha expresión viva da nosa identidade colectiva e o traballo de investigadores como Justo Gude resulta imprescindible para garantir que a tradición se conserve con rigor e proxección de futuro”. Campero subliñou que o Entroido “é unha expresión popular que une xeracións, territorios e memoria, polo que coñecer a súa historia e o seu significado profundo axúdanos a valoralo e a respectalo como unha parte esencial da cultura galega”.

Contenido patrocinado

stats