XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
ANTIGA TRADICIÓN
Maceda celebrou este sábado novamente O Reinado, unha antiga tradición do seu Entroido recuperada o ano pasado grazas o labor dun grupo de veciños.
A cita desta vez estivo protagonizada pola veciñanza dos oito lugares da parroquia de Tioira. O percorrido, con saída dende Carguizoi, fixo varias paradas nas que os veciños, subidos a un remolque e con roupa tradicional, regueifaron con moita ironía.
Este ano a disputa entre as aldeas xirou arredor o roubo da cabeza da serpe do cruceiro de Tioira, substituíndo a figura do rei pola dun condenado: un meco que representaba ao crego por un “sermón mal dado”.
A xornada, na que non faltaron as risas, nin os felos nin a música do país, rematou na Aira dos Patos cunha concorrida foliada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives