30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Abriu o Entroido de Seixalbo unha parella que sempre causa expectación. Os famosos namorados Paquita e Nicanor fixeron alarde da súa fama congregando a veciños e curiosos que non quixeron perderse o Domingo Oleiro como primeiro día grande. E, como xa nos teñen acostumados -salvo algunha excepción- fixérono na compañía do pequeno Vicentiño, que, coma todo fillo, ía entre os dous pais abrindo a comitiva.
Superaron a barreira da atmosfera a bordo do seu “pacamobil” e ataviáronse como ese universo que agardan conquistar máis pronto que tarde, mentres recorrían as rúas amosando os seus planetas, foguetes e satélites. Tiveron a súa recepción na Praza Barreiros, onde as persoas foran substituídas por extraterrestres, astronautas, e algún que outro despistado que preferiu vestir as súas mellores galas como animal, mago ou superhome.
Foi -como outros anos- a charanga Sorcha a encargada de por ritmo e animar un ambiente que xa de por si partía a ritmo de festa. E non deixaron os incondicionais da zona un só espazo sen tradición entroideira.
E seguindo esta mesma tradición, foi no corazón da zona onde tivo lugar o pregón, seguido do ansiado momento no que as olas -neste caso coma estrelas fugaces- voaron pola Praza Maior. Un núcleo ateigado de expectantes e xogadores que se lanzaron os obxectos ata que algunhas mans despistadas deixaron que caeran e romperan. Non foi este un motivo de drama, pois xa chegara o momento preferido dos cativos -e dos que non o son tanto-, cando caeran os doces das piñatas. E tamén bastante doce, a chocolatada que puido degustar a veciñanza nunha xornada doutra galaxia que terá que agardar, un ano máis, para volver a ver pasear á familia favorita dos veciños de Seixalbo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior