CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
PELIQUEIROS
Sen apenas tempo para procesar o vivido durante o Luns Borralleiro, unha xornada de catarse colectiva que concentra tódolos ingredientes que fan do Entroido de Laza unha cita única, a vila uniuse onte arredor da súa tradición.
O día arrancou lento porque ninguén tiña ganas de que rematara. Pola mañá saíron os peliqueiros veteráns, exemplo para os máis novos e garantes da continuidade desta figura. Aínda que a idade non perdoa á hora de correr e facer soar os chocos, amosaron o seu estilo e poder, froito da súa experiencia levando o peso de todo un pobo. Tamén visitaron as casas, onde non lles faltou nin bica nin xastré.
Á tarde tivo lugar o Testamento do Burro, unha das citas máis importantes do Entroido. Manuel Quintas “Dopa”, testamenteiro dende 1987, deu lectura a este texto escrito en verso, no que fixo un repaso satírico e cheo de retranca á vida social e política do último ano na vila. Non quedou personaxe nin acontecemento sen mencionar, incluídos os lumes do pasado verán.
Os lazanos encheron A Picota e escoitaron con atención esta expresión da súa cultura que os interpelaba directamente. Ao remate, racharon o silencio deste momento solemne con lágrimas, aplausos e o son dos chocos dos peliqueiros, ao tempo que todos berraron ao unísono un sentido “Viva o Entroido de Laza!”
Tras repartir as partes do burro, enterrouse o Entroido, e os peliqueiros amosaron a súa tristura e loito colocando un lazo negro na mitra antes das últimas carreiras na praza. Laza esperta hoxe en silencio e esperando xa o vindeiro Entroido, o eixe que rexe o seu calendario vital.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
REAL DECRETO-LEY
Luz verde a un copago más progresivo de las medicinas
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 13 de mayo