Non o merecemos

Publicado: 18 feb 2026 - 04:40
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Somos un país con dilatada, e variada, historia. Fai ben pouco viviu a tremenda experiencia dunha guerra civil e unha modélica (pese a voces discordantes) transición á democracia. A incorporación a UE reportou moitos beneficios.

Vivimos un momento en xeral positivo (algo complicado tendo en conta os tempos que corren) aínda que iso non evita graves problemas: soldos precarios, prezo disparatado da vivenda, paro elevado… Con todo, un dos problemas máis graves actualmente refírese aos nosos representantes políticos.

En xeral, non están a altura do pobo que representan. Debates inútiles nos que semella ser o máis importante falar pero sen escoitar nada; corrupción e acusacións de “e ti máis”; ineptitude en demasiados casos e amor polo asento, están provocando unha serie de durísimos golpes físicos e morais a cidadanía con dramas que se puideron evitar ou polo menos mitigar: a dana de Valencia, a escuridade do 28 de abril, os tremendos incendios do verán, as catástrofes ferroviarias.

Non merecemos estes desastres.

Manolo Romasanta Touza (Sigüeiro)

Contenido patrocinado

stats