CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
O Folión Os Labregos está de aniversario e quere festexalo por todo o alto. Para conmemorar os seus 20 anos de desfile, a asociación preparou un programa especial con actividades para todas as idades, desde os máis pequenos ata os maiores, convertendo a vila nun auténtico epicentro da festa tradicional.
A celebración arrancará o 22 de febreiro cunha tarde dedicada á cativada. Desde as 17,00 horas, a Praza do Concello acollerá actividades infantís durante dúas horas, dando paso á música da charanga A Felga de Maceda. A festa continuará pola noite coas actuacións de DJ You e DJ Sergito, garantindo diversión ata a madrugada. Ademais, a partir das 20,30 horas, os asistentes poderán gozar dunha cea popular con empanada, bolo preñado e bebida por só 5 euros.
O gran evento chegará o 23 de febreiro co tradicional desfile de folións e boteiros, que contará coa participación dunha ducia de grupos. A comitiva partirá ás 15,30 horas desde a Finca da Barreira, percorrendo as rúas ata chegar á Praza do Concello, onde a festa continuará co espírito e a enerxía que caracterizan ao Entroido.
Desde a organización destacan a ilusión con que prepararon esta edición tan especial e convidan a todos a sumarse á celebración: “Este ano quixemos celebralo por todo o alto e preparamos actividades para todos os públicos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Lo último
FALANDO DE SOLIDARIDADE
“Lumes nunca máis” soou ao unísono na Colexiata de Xunqueira de Ambía
CONSULTA EL PROGRAMA COMPLETO
Vigo afronta este sábado el gran desfile del Día de las Fuerzas Armadas tras una espectacular jornada naval en la ría
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña