Os troteiros toman as aldeas do concello para anunciar o Entroido
Entroido 2020
O persoaxe típico de Bande convocou onte a moitos veciños de todalas idades ao paso da comitiva polas aldeas
As datas máis importantes do Entroido están cada vez máis cerca e en Bande viviron onte unha desas vísperas. A vila pasa por ser unha das capitais do entroido ourensán e o seu persoaxe distintivo, o troteiro, tomou onte xa moito protagonismo.
Había que madrugar para participar na saída programada para o sábado pero o ambiente estivo garantizado. Ás nove da mañán empezou o percorrido polas aldeas do municipio, seguindo así unha tradición que xa está perpetuada.
Troteiros de todalas idades formaron parte da comitiva que se misturou co resto da xente para formar ese crisol cultural tan propio do Entroido.
Pero isto acaba de comenzar e a troula hai que administrala ben porque os días grandes empezarán a semana que ven. O programa avanza xa que o día 23 haberá ruta dos troteiros, cocido dos troteiros, desfiles de carrozas e comparsas e outas moitas actividades.
Pero, polo de agora, ninguén lles pode quitar aos veciños de Bande o placer de palpar xa de cerca o ambiente do Entroido e amosar con moito orgullo a vestimenta e abalorios dun persoaxa senlleiro e xa eterno: o troreiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Verín reforzará a seguridade nos días grandes do Entroido
PERCORRIDO POLOS NÚCLEOS
Os Troteiros volverán levar a troula por tódalas aldeas de Bande
Lo último
CELEBRACIÓN LOCAL
Vilanova, maxia acesa na Festa do Chourizo
VÍAS DE NEGOCIO
El Campus de Ourense impulsa al alumnado a emprender
TERCERA FEDERACIÓN
Sidi, jugador del CD Barco: “Ahora somos un bloque”