Vellos e novos fan da festa un ritual en Vilameá

A CHISPA DO ENTROIDO

O traballo e tesón dun grupo de veciños e veciñas de Vilameá fixo posible a recuperación dunhos traxes e dunhas danzas das que apenas quedaban vestixios

Publicado: 03 mar 2025 - 05:54 Actualizado: 03 mar 2025 - 11:51

Foto de familia dos protagonistas do Entroido novo en Vilameá.
Foto de familia dos protagonistas do Entroido novo en Vilameá.

Desfile, risas, beleza, sustos e moita confraternización veciñal son o resumo dunha tarde de festa, a vivida na xornada do sábado nas aldeas da Devesa e Vilameá, en Riocaldo (Lobios). O traballo e tesón dun grupo de veciños e veciñas da parroquia fixo posible a recuperación dunhos traxes -os do Entroido novo e tamén os do vello- e dunhas danzas das que apenas quedaban vestixios, só na memoria dos máis maiores.

As novas xeracións garantizan o futuro do baile.
As novas xeracións garantizan o futuro do baile.

Cinco anos despois, o Entroido de Vilameá e A Devesa viven un momento doce e así se puido desfrutar nunha xornada na que non faltou a música tradicional galaico-portuguesa, e tamén a máis comercial, nunha festa que comezou co desfile polos camiños das aldeas e rematou, nunha leira ao carón da capela de Santa Lucía co baile dos Arcos e da Palma.

VECIños E VISITANTES DESFRUTARON DUN RITUAL QUE MISTURA A BELEZA DO ENTROIDO NOVO CO SALVAXE DO VELL

Os protagonistas foron os personaxes do Entroido novo, cos seus traxes coloridos e o seu chapeu, pero non faltaron as aclamacións aos ancestrais figuras do vello, co home do fol liderando as falcatruadas. Una aparición que non foi a primeira do ano, posto que os vellos saíron por Vilameá o pasado 14 de febreiro e, o día 26 polas rúas e establecementos comerciais da capitalidade. Para aqueles que se perderon a festa, o martes participarán no gran desfile de Lobios que, ás 16,00 horas, percorrerá a estrada de Portugal.

Contenido patrocinado

stats