30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Se ben a saída das mázcaras da Xironda estaba prevista inicialmente para a tarde, as ganas de vestir o traxe e lucir a careta eran onte xa irrefreables tras todo un ano de espera, polo que un animado grupo de veciños adiantou á mañá a estrea do personaxe singular do seu Entroido.
Coas súas particulares caras, todo sorriso e faciana burlona, as mázcaras fixeron o que acostuman, correron coas chocas, branderon os látigos e deron por comezada de forma oficial a festividade local coa súa presenza.
Esta semana arrancarán o resto de celebracións, ao longo de catro días de troula e mázcaras marcados este vindeiro sábado pola elaboración colectiva do “Entroido”, unha enorme figura de palla con atributos masculinos, que o derradeiro día, o Martes de Entroido, será subastado e queimado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último