XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
MITRA AMARELA
Cualedro xa conta os poucos días que quedan para a celebración do seu Entroido. O programa deste ano arranca esta fin de semana no Domingo de Corredoiro, coa estrea dos zarramoncalleiros e a bendición dos traxes ao mediodía, á saída da misa, un acto que marca o inicio do ciclo entroideiro. O personaxe típico da localidade volverá ese día correr polas rúas facendo soar as chocas e lucindo a súa característica mitra de cor amarela.
O vindeiro venres, 13 de febreiro, terá lugar ás 11,30 horas o gran desfile infantil do colexio Vicente Risco, na que ademais dos zarramoncalleiros os escolares estarán acompañados polas mázcaras da Xironda, as damas e galáns de Carzoá e o castrón meco de Rebordondo, completando un percorrido que exhibirá a riqueza e diversidade entroideira e etnográfica da vila cualedresa.
Pero a xornada grande será a que se celebrará ao día seguinte, sábado 14, comezando ás 12,00 coa saída dos zarramoncalleiros, que nesta ocasión indicarán eles mesmos o percorrido, e a animación musical do grupo Como queiras Band. Unha hora máis tarde, a praza Dona Marina acollerá a estrea de disfraces, un momento de encontro veciñal na que o último en chegar “non sairá na foto oficial do evento”.
A festa do sábado continuará cunha comida popular ás 15,00 horas, coa actuación do DJ Roberto Deluxe para amenizar a tarde. O Concello, que organiza os actos coa colaboración da asociación de mulleres rurais As Trabes, mantén aberto o prazo para adquirir os tíckets do xantar ata o mércores 11.
As entradas para este xantar xa se poden retirar nos locais hostaleiros da vila ou na Casa Consistorial, cun prezo de 22 euros para os adultos, 11 euros para menores de once anos, e de balde para cativos de ata cinco anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Notas á Metástase, de Xosé Lois Vázquez
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Os apaleados de Celeiros e outras nupcias
CUARTA EDICIÓN
Lobios celebra a cultura do millo coa IV Festa da Respiga