Adeus a Hortensia Álvarez Coello: "Querida Hor"
OBITUARIO
Javier de Dios Rodríguez despide a Hortensia Álvarez Coello
Aínda sigo e seguirei moito tempo seguramente preguntándome por qué te nos fuches tan pronto, a vida ás veces é tan inxusta. Eu simplemente quería dedicarche unhas palabriñas para que agora con máis calma as poidas ler.
O primeiro de todo, quería agradecerche o ben que me trataches sempre e o ben recibido que fun cada día que entraba na vosa casa, que non foron nin dúas nin tres nin catro veces precisamente; fixeches que me sentira igual ca na miña. Tanto foi así que chegou un momento no que xa non necesitaba tocar o timbre nin petar na porta, para min xa estaba aberta sempre. Grazas.
Grazas tamén por recibirme sempre cunha sorriso na boca, nunca unha soa mala palabra, nin un mal xesto. Nesa casa nunca se molestaba, todo o contrario, sentíame moi, moi a gusto, tanto é así que pasei unha gran parte da miña vida aí con vós. Sempre o dixen e o seguirei dicindo, eras unha desas persoas máis positivas e alegres que tiven o pracer de coñecer, nas boas e nas non tan boas. Sempre nos deches unha lección de optimismo, valentía e fortaleza que ás veces non é fácil, fuches un verdadeiro exemplo desde o primeiro ata o último día.
Por outra parte, aínda é hoxe o día no que nunca escoitei unha soa mala palabra de ti, algo que di moito da clase de persoa e do querida que eras por todo o mundo. Eras todo bondade, desas persoas ás que lle colles cariño moi facilmente. Podes estar moi orgullosa do legado que nos deixaches, quédanos un recordo de ti imborrable.
Por último, dicirche que estou feliz e síntome moi pero que moi orgulloso de poder acompañarte na túa última viaxe, e ademais poder levarte con todo o cariño e respecto do mundo ao meu lado para despedirnos e, desta forma, tamén poder devolverche, aínda que sexa un pouquiño, todo o ben que te portaches sempre comigo. Estareiche eternamente agradecido.
Non te quero molestar máis, simplemente dicirche que teñas unha moi boa viaxe e que sigas sendo esa persoa feliz e positiva que fuches sempre. Desde alá onde estes segue coidando de nós e de vez en cando lembra que nós imos terte presente sempre no noso día a día.
Nunca te esqueceremos, Hor. Querémoste.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ENCUENTROS EN LA DIÁSPORA
¡Adentro! reúne a mayores hispanohablantes en Alemania para formarse como animadores socioculturales
RETIRADA DE LA SELECCIÓN
Vídeo | Messi se despide de Argentina a lo grande: gol, dos asistencias y una ovación eterna
SELECCIÓN ESPAÑOLA
Confianza total de Antía y Vane en el Preeuropeo de fútbol sala