VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
MARTES, 9 DE DECEMBRO
Detalles del evento
A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) presentará o próximo martes 9 de decembro, ás 13:00h, na sala Quintana do Hotel Oca Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, o número dez da súa revista dixital “Comunica”, que nesta edición leva por título: “Estado da opinión sobre a innovación na comunicación en Galicia”, elaborado coa colaboración da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Banco Sabadell.
O acto estará encabezado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, o director institucional territorial noroeste do Banco Sabadell, Adolfo García-Ciaño, a presidenta da APG, María Méndez, e o catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director do informe, Francisco Campos Freire.
O estudo é unha radiografía diacrónica sobre a innovación dos distintos medios de comunicación (prensa escrita, en papel e dixital; radio/audio; e televisión), así como outras técnicas e expresións como a ficción cinematográfica e a dobraxe, o teatro, a música, a publicidade, a comunicación institucional e empresarial, a comunicación política, a fotografía, o deseño gráfico ou a sinalización urbana.
Cada un dos quince capítulos do traballo están elaborados por xornalistas e académicos especialistas en cada unha das áreas comunicativas, combinando sinaturas de ampla traxectoria profesional, con novos comunicadores. E inclúe ademais unha enquisa referida á situación actual da innovación nos diferentes medios de comunicación e nas distintas áreas e técnicas comunicativas. Na coordinación do informe traballaron tamén as profesoras da USC Tania Fernández Lombao e Marta Rodríguez Castro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia