FESTAS DO MONTE
Concierto de Terapia de Grupo
CATAS, ARTESANÍA E "SHOWCOOKINGS"
Detalles del evento
Verín prepárase para dar a benvida á Feira do Lázaro, unha das citas máis relevantes da primavera, do venres ao domingo. O concelleiro de Feiras, Transporte e Xuventude, Manuel Lorenzo, sinalou que o Lázaro “continúa a consolidarse como unha proposta que combina tradición e dinamización económica”. Pola súa banda, a concelleira de Turismo e Cultura, Samanta Barreira, destacou que a celebración “ten unha programación para tódolos públicos que pon en valor a cultura, a música e a gastronomía local”.
O epicentro da actividade será o pavillón municipal, que acollerá a feira de artesanía e alimentación con numerosos expositores, máis o espazo infantil Ludolázaro para os máis pequenos. A gastronomía será protagonista co III concurso Pincha no Lázaro, no que participan 16 establecementos, coa Festa Gastronómica e con sesións de divulgación de produtos galegos de calidade como queixos, meles ou carnes. Colaboran a D.O. Monterrei, a IXP Terneira Galega e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para ofrecer un amplo catálogo de catas e showcookings que resaltan o patrimonio gastronómico da comarca.
A programación cultural inclúe o IV Festival de Bandas de Música Vila de Verín o sábado 21 pola tarde, un espectáculo de pirotecnia e luz dixital no Parque de Fontenova ese mesmo día ás 00,30 horas, e a actuación da orquestra Miramar na praza García Barbón, o domingo 22 ás 18,30. Ademais, haberá unha mostra de vehículos novos e de ocasión na rúa Irmáns Moreno toda a fin de semana.
O horario da feira será venres de 16,30 a 21,00 horas (a inauguración será ás 18,30), sábado de 11,00 a 14,30 e de 16,30 a 21,00 horas, e domingo de 11,00 a 14,30 e de 16,30 a 20,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTAS DO MONTE
Concierto de Terapia de Grupo
PERSONAJES DE MADERA
Exposición de Moxom
NUEVA EDICIÓN
39 edición del Campamento Urbano Amencer
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 3 de agosto?
Lo último
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo