Festival en Celanova: “Onde o teatro se chama Celanova”

21 E 22 DE NOVEMBRO

21 nov
-
22 nov

Detalles del evento

Celanova
21 nov - 22 nov
Presencial
El auditorio municipal de Celanova en una imagen de archivo.
Festival en Celanova: “Onde o teatro se chama Celanova” | La Región

Celanova acollerá o 21 e 22 de novembro o festival de teatro “Onde o teatro se chama Celanova”, proposta de Deimos Teatro e o Concello que levará á vila dúas representacións da compañía coruñesa: “Calderón, ¿enamorado?” e “Criaturas”.

O alcalde, Antonio Puga, expresou a súa satisfacción por contar con proxectos “que achegan a cultura de calidade ao rural e levan o teatro a espazos patrimoniais, como o histórico Refectorio”. O rexedor engadiu que a cita ten un matiz moi especial, pois o elenco conta cunha veciña con raíces nestas terras.

Así o confesaba Laura Pereira, que xunto con Pedro Fernández dirixe Deimos Teatro: “Para min, levar estas dúas obras a Celanova é moito máis ca unha función: é volver á casa. Os meus pais e avós creceron aquí e eu pasei aquí os veráns de cativa. Poder presentar o noso traballo neste fermoso lugar é unha ilusión moi especial”.

Dúas sesións

O programa ten dúas xornadas. O sábado 21, ás 20,00 horas, representarase “Calderón, ¿enamorado?”, comedia de enredo en castelán sobre o dramaturgo do Século de Ouro. O domingo 22, ás 19,00 horas, será a quenda de “Criaturas”, de Roberto Vidal Bolaño, un espello deformado onde o humor e a reflexión se dan a man.

Ambas obras duran 75 minutos. A concelleira Yennys Montero animou á veciñanza a gozar destas actuacións de carácter gratuíto, cuxa entrada será libre ata completar a capacidade.

Deimos Teatro

Deimos Teatro é unha asociación cultural fundada en 2017 en A Coruña, especializada en teatro moderno que transita entre a comedia, o drama e o musical, con traxectoria en teatros locais e mostras de artes escénicas.

Contenido patrocinado

stats