A hostalería inclúe o caldo de Gloria no menú do 21 de febreiro
Un total de 21 establecementos de Celanova participará, o vindeiro venres día 21 de febreiro, na conmemoración do Día de Rosalía de Castro coa proposta gastronómica “Caldo de Gloria”.
Detalles del evento
Máis da metade da oferta hostaleira da vila sumouse, un ano mais, a esta proposta que vén impulsando a Fundación Rosalía de Castro para celebrar o aniversario da escritora, contando en Celanova coa participación e colaboración da Fundación Curros Enríquez.
Durante toda a xornada, locais participantes incluirán, na carta do día ou coa consumición en forma de tapa, un caldo galego seguindo a receita plasmada por Rosalía no poema “Miña casiña, meu lar”. Para ambientar a degustación, a Fundación Curros Enríquez distribuirá entre os negocios participantes poemas de Rosalía de Castro para que a lectura da poesía acompañe nesta celebración e diverso material que proporcionará a Fundación Rosalía de Castro.
Foliada na lareira
A esta degustación incluirase, tal e como ven sucedendo nas últimas edicións, unha foliada na Casa dos Poetas onde os presentes serán testemuña da lectura do poema, a música da Banda de Gaitas de Celanova e o Grupo Lembranza Solpor e a degustación do caldo de gloria elaborado pola Asociación de Amas de Casa Ilduara. O acto, aberto a tódolos públicos, arrancará ás 20,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último