JORNADAS EDUCATIVAS
Xinzo programa actividades y educación en las aulas por el 25-N
21ª EDICIÓN
Detalles del evento
Hai citas que, co paso dos anos, deixan de ser simplemente un evento para converterse nunha tradición colectiva. É o que acontece cos Cantos de Taberna da Pobra de Trives, unha das datas máis agardadas do calendario festivo do outono na vila, que o sábado 28 de novembro volverá encher de música rúas e tabernas.
A convocatoria, organizada polas Macizas Centrais e a súa asociación A Caniceira, alcanza a súa vixésima primeira edición, chegando este ano cunha novidade especialmente significativa: por primeira vez, a cita reunirá agrupacións procedentes das catro provincias galegas, convertendo Trives nun punto de encontro de músicos e cantareiros de toda Galicia, diversidade que evidencia a capacidade de convocatoria dunha celebración que medrou sen perder a súa esencia.
A partir das 19,00 horas, a música comezará a percorrer os locais de Trives, nunha xornada na que participarán dezaseis grupos: Os da Cochera. Os Ministreles, As Taboucas, As Macizas Centrais, Alterabernas, Recanto, Quinchousa Oscura, No Cómbaro, Os Bochetas do Sil, Os Excusados, Son do Mao, Foliada de Remior, Os Trabazos, Pándega, Abertal e Xolda.
A Praza do Pilón será o punto de referencia desta convocatoria, arrincando a festa xa desde a mañá, ás 12,00 horas, cun obradoiro con Sabela Olivares para os máis cativos e demostrando que a música tradicional segue moi viva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
JORNADAS EDUCATIVAS
Xinzo programa actividades y educación en las aulas por el 25-N
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 22 de noviembre?
Lo último
ROMPIERON LOS CRISTALES
Roban dos casas en Vistahermosa en menos de 100 metros
FACILITAR EL RETORNO
Un pequeño concejo asturiano cede una vivienda a descendientes de emigrantes a Cuba