Tributo a Castelao na Festa da Palabra
INSUA DOS POETAS
Detalles del evento
Este sábado 19 de xullo, a Insua dos Poetas, no Carballiño, convértese unha vez máis no gran epicentro cultural da provincia coa celebración da XVII Festa da Palabra, un evento que, neste 2025, estará dedicado á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu falecemento.
A Festa da Palabra, organizada pola Fundación Insua dos Poetas, serve cada ano como espazo de recoñecemento para escritores, creadoras, entidades e colectivos comprometidos coa cultura e a lingua galega. ”Queremos que esta homenaxe a Castelao sexa de toda a provincia” suliña Luis González Tosar, presidente da Fundación. O acto central será a entrega dos Premios Insua dos Poetas.
Nesta edición dos premios, serán recoñecidos: o escritor e editor César Lorenzo Gil, polo seu labor crítico a través do blog Os Biosbardos; a xornalista e escritora María Xosé Porteiro, pola súa traxectoria a prol da lingua galega nos medios de comunicación; a histórica Editorial Galaxia, polos seus 75 anos de defensa activa da identidade galega; a Irmandade Sanitaria Galega, polo seu traballo en galeguizar e humanizar a atención sanitaria; o CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova, polo seu compromiso coa educación medioambiental; o Cine Club Padre Feijóo de Ourense, pola súa contribución á difusión do cinema galego e universal durante máis de cincuenta anos, e Ramón Aguiño López, emigrante galego na Arxentina, pola súa participación cultural na diáspora.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
+DEPORTE
Zumba en una animada tarde en Maside
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 20 de agosto?
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays