Xoldra de Aguiar 2026

FESTIVAL

19 sep

Detalles del evento

Os Gozos, Pereiro de Aguiar
19 sep
19:00
Presencial
Xoldra de Aguiar.
Xoldra de Aguiar 2026 | La Región

O Festival Xoldra de Aguiar celebrará a súa nova edición o vindeiro 19 de setembro de 2026 no concello do Pereiro de Aguiar, consolidándose como unha cita de referencia para poñer en valor a música tradicional, a cultura popular e a dinamización do rural ourensán.

O evento, de acceso de balde, busca recuperar o espírito das festas de sempre como espazos de encontro veciñal e convivencia. A programación deste ano destaca polo seu forte arraigamento á nosa identidade, contando coa actuación estelar de Treixadura, un referente indiscutible da nosa música folk e tradicional.

A xornada tamén pensá-se para o público familiar e a participación cidadá, ofrecendo animación infantil da man de Pablo Estévez e o seu espectáculo de maxia Trasnadas, ademais dunha animada foliada popular protagonizada por As Lapacaldas xunto a Airiños dos Foles.

Unha xornada completa de festa, tradición e cultura de proximidade para desfrutar no corazón da provincia de Ourense.

Contenido patrocinado

stats