Miguel Santalices: “Otero Pedrayo foi unha peza fundamental para o noso autogoberno”
FORO LA REGIÓN
O presidente do Parlamento clausura o foro destacando o compromiso de Otero coa identidade galega e a súa inesquecible retranca
O peche do Foro La Región correu a cargo de Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, quen reivindicou a vixencia política e humana de Ramón Otero Pedrayo. Na súa intervención, Santalices debullou a transcendencia do Patriarca como peza esencial do autogoberno galego. Lembrou que as históricas denuncias de Otero nas Cortes sobre o “estruxamento” financeiro de Galicia seguen a ter eco hoxe en día, destacando a necesidade de preservar un legado de dignidade e intelixencia que definiu a identidade do país.
O momento máis entrañable da clausura chegou co relato dunha anécdota persoal de 1972. Santalices lembrou como, sendo un mozo, o seu pai levouno a Trasalba para que Don Ramón mediara no seu futuro académico. Coa retranca que o caracterizaba, o escritor recomendoulle que estudase o que quixese, pero que non esquecese “aprender a tocar a gaita”. Esta faceta humana, xunta a curiosidades sobre o seu expediente escolar -onde sobresalían todas as materias agás a doutrina cristiá-, serviron para achegar a un Otero vivo e moi próximo ao público. Santalices concluíu gabando a unidade parlamentaria que permitiu declarar este ano como o do autor de Trasalba, consolidando así a memoria dunha xeración de intelectuais irrepetibles que, dende Ourense, imaxinaron a Galicia moderna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A POR EL TOP 5
El Ourense Ontime: a saldar cuentas ante el Ceuta
"dejadez manifiesta"
Piden el desalojo y sellado del parking de plaza San Antonio