Rosendo Fernández: “A mocidade ten que redescubrir o compromiso coa nosa lingua galega”
FORO LA REGIÓN
Rosendo Fernández destaca a Otero Pedrayo como un intelectual completo que defendeu a lingua e as humanidades ata o seu final
O deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou na apertura do Foro La Región destacando a vixencia eterna do Patriarca das Letras. Iniciou a súa intervención cunha cita de Otero recollida nun ensaio de 1930: “Non hai cousas vellas nin novas, hai soamente cousas vivas e mortas”, unha premisa que define o seu inmenso legado como un espírito que non entende de idades, senón de pulsión interna.
Fernández definiu ao autor de Trasalba como un “intelectual completo e un home de acción” que soubo conectar a xeografía, a política e a educación dende un humanismo profundo. Subliñou que para a institución provincial, este Ano Oteriano representa unha oportunidade crucial para que a mocidade redescubra o “compromiso coa lingua galega” e o coñecemento do territorio. Como colofón, relatou a anécdota de Otero no seu leito de morte, berrándolle ao ministro de Educación: “¡Salva o grego!”. Unha última vontade en defensa das humanidades que Fernández reivindicou como o motor necesario para proxectar a nosa Galicia cara ao futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COBERTURA EN INTERNET
El Foro La Región, un punto de encuentro clave para una comunidad digital en aumento
Lo último
"HICIMOS LOS DEBERES"
Luis Menor habla de un veredicto de la Unesco "esperanzador": "No era un informe justo"
ACTIVO Y FUERA DE CONTROL
Treinta medios aéreos más se incorporan a las labores de extinción del incendio forestal de Castellón