Valentín García: “É imposible entender a cultura galega sen a figura de Otero Pedrayo”

FORO LA REGIÓN

O secretario xeral da Lingua reivindica o legado de Otero Pedrayo como peza clave para comprender a historia de Galicia

A apertura institucional do Foro La Región correu a cargo de Valentín García, secretario xeral da Lingua, quen cualificou o inicio deste evento como un acto “significativo e emocionante”. García destacou a figura do Patriarca como un dos “grandes titáns” da nosa cultura, afirmando con rotundidade que “é imposible entender a cultura galega sen Otero Pedrayo”. Así mesmo, subliñou o vínculo indisoluble do autor co seu territorio, asegurando que tampouco se pode comprender a súa obra sen o “cerne de Ourense”.

O secretario xeral gabou o papel de La Región ao potenciar a un dos seus columnistas máis relevantes, un home que como xeógrafo describiu a “carta xeométrica” da nosa patria. García agradeceu a colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e a Fundación Otero Pedrayo para facer realidade esta iniciativa. Finalmente, dirixiu unha mensaxe aos alumnos presentes, lembrándolles que son os encargados de “construír esa Galicia eterna” coa que tanto soñou o escritor de Trasalba.

Contenido patrocinado

stats